Ás veces tamén construo instrumentos que non están dentro dos meus modelos habituais.
A continuación podes ver algúns exemplos:
(clica nunha foto para ampliar)
Este baixo eléctrico chamado “Alfama” fíxeno para o meu amigo Pablo Dago. O corpo e o mastro son de caoba de Honduras, a tapa, a pala e a cuberta da electrónica son de nogueira e o diapasón e os botóns de control son de carballo de pantano. Leva pastillas Aguilar 5SD-D2 con Preamp Aguilar OBP-3. A madeira dos puntos e da incrustación no diapasón é especial: madeira de texo asturiano do xardín do avó de Pablo.
Esta guitarra acústica pequena chamada “Paciencia” fíxena para o meu amigo e gran guitarrista Javi Sánchez. Ten tapa, fondo, aros e mastro de sapeli reciclado dunha viga antiga que levaba 50 anos nun garaxe en Inglaterra, diapasón, ponte, chapas de pala e filetes de ébano de Macassar, roseta e incrustacións en madeiras variadas. Buxo galego para a incrustación no traste 12.