Torres grande
Para este modelo emprego a plantilla da Torres SE114 de 1888.
É unha guitarra de construción lixeira, expresiva e cunha resposta rápida, con baixos profundos e un rango de meios e agudos definidos e equilibrados.
Se queres máis información sobre as opcións dispoñibles para este modelo, clica aquí para ver o catálogo.
Torres pequena
Basada na Torres SE117, esta pequena guitarra cunha lonxitude vibrante de 604 mm sorprende pola calidez do seu son e, aínda que non é tan potente nin ten tantos baixos como o modelo grande, é o instrumento ideal para quen busca unha guitarra pequena e equilibrada.
A decoración, igual que na guitarra orixinal de 1888, sinxela e elegante.
Se queres máis información sobre as opcións dispoñibles para este modelo, clica aquí para ver o catálogo.