A idea orixinal dunha guitarra eléctrica de corpo macizo non podía ser máis simple desde o punto de vista construtivo: dous anacos de madeira unidos con parafusos. A partir desta base podemos crear até onde a imaxinación nos leve: desde a elección das madeiras, pasando polas pastillas e o resto de compoñentes, até a propia construción do instrumento. Todo inflúe no son final de cada guitarra.
Dise que unha boa guitarra eléctrica vibra, soa e resoa ben sen amplificador. Isto conséguese empregando bos materiais e unha unión sólida entre corpo e mastro.
A miña inspiración vén de modelos tradicionais e modernos, doutras formas artísticas e da natureza. Intento darlles aos meus instrumentos unha personalidade propia e unha forma fluída, proporcionada e estética.
Se queres máis información sobre as opcións dispoñibles para este modelo, clica aquí para ver o catálogo.