Actualmente constrúo dous modelos de guitarra española.

Torres grande

Para este modelo emprego a plantilla da Torres SE114 de 1888.

É unha guitarra de construción lixeira, expresiva e cunha resposta rápida, con baixos profundos e un rango de meios e agudos definidos e equilibrados.

Se queres máis información sobre as opcións dispoñibles para este modelo, clica  aquí para ver o catálogo.

Torres pequena

Basada na Torres SE117, esta pequena guitarra cunha lonxitude vibrante de 604 mm sorprende pola calidez do seu son e, aínda que non é tan potente nin ten tantos baixos como o modelo grande, é o instrumento ideal para quen busca unha guitarra pequena e equilibrada.

A decoración, igual que na guitarra orixinal de 1888, sinxela e elegante.

Se queres máis información sobre as opcións dispoñibles para este modelo, clica aquí para ver o catálogo.

A continuación podes ver unha galería con algunhas das miñas guitarras españolas. Clica nunha foto para ampliar.